Servizos
En TLL Network Solutions ofrecémosche múltiples servizos de identidade corporativa, deseño web e ecommerce, redes sociais e márketing en liña. Somos unha axencia 360º, onde atoparás todas as solucións dixitais para o teu negocio. Acompañarémosche no proceso e asesorarémosche para que non pares de crecer.
Como xa debes saber, é importante que o teu plan de negocio vaia ligado a unha estratexia de márketing consistente. Nós encargámonos diso. Decide en cal dos nosos servizos necesitas mellorar e contáctanos para que podamos definir unha táctica en base aos teus obxectivos.

MÁRKETING ONLINE
En TLL Media Solutions construímos todas as accións e estratexias publicitarias e comerciais que engloba o márketing dixital, enfocándoas ás túas necesidades e obxectivos. Encargámonos de todo o proceso.

DESENVOLVEMENTO WEB CORPORATIVA E ECOMMERCE
A presenza en liña é crucial. Por iso dispoñer dunha páxina web ou ecommerce é algo imprescindible no teu negocio. Déixanos ao cargo.

DESENVOLVEMENTO DE APP´s
Servizos de desenvolvemento de aplicacións móbiles personalizadas.

AUDITORÍA SEO E WEB
Auditoría completa do sitio web para facer que cumpra os requisitos dos motores de procura, Auditoría de contidos, técnica e detección de erros. E auditoría de usabilidade para mellorar a conversión nas vendas.

IDENTIDADE CORPORATIVA - BRANDING
A identidade gráfica dunha marca é moi importante pois permite identificar, recoñecer e diferenciar visualmente a empresa. Encargámonos do branding que fará que o teu negocio despunte.

ADMINISTRACIÓN DE REDES SOCIAIS
O noso equipo está formado por nativos de Redes Sociais que saben perfectamente como deseñar un Social Media Plan. Xestionamos as túas redes sociais achegando valor á marca.

SERVIZOS LEGAIS
Analizamos e adaptamos a protección de datos ( LOPDGDD, RGPD, LSSICE) para a túa web. Ademais realizamos consultoría a medida para APP.
PÍDENOS ORZAMENTO SEN COMPROMISO
Se necesitas un orzamento ou máis información sobre os nosos servizos para o teu negocio, non dubides en poñerte en contacto connosco.