Identidade corporativa
En TLL Media Solutions ofrecemos aos nosos clientes todas as solucións de deseño gráfico relacionadas co branding, a identidade corporativa da súa marca. A imaxe visual dunha marca é moi importante xa que permite identificar, recoñecer e diferenciar visualmente á empresa. É a cara da marca.
En TLL Media Solutions deseñamos todos os elementos tanxibles adaptados aos valores da marca, analizando as necesidades individuais de cada cliente (target, produto, posicionamento, valores, etc.). Deste xeito, asegurámonos de que a identidade visual da marca sexa coherente e potente nas súas diferentes canles de comunicación visual.


GUÍA DE ESTILOS

PAPELERÍA CORPORATIVA

PACKAGING

DESEÑO DE CARTEIS

FLYERS E FOLLETOS
PÍDANOS ORZAMENTO SEN COMPROMISO
Se necesita un orzamento ou máis información sobre branding, calquera outro aspecto da súa identidade de marca ou solucións de deseño gráfico para o seu negocio, non dubide en poñerse en contacto connosco.