Redes sociais
O noso equipo está formado por nativos de Redes Sociais que saben perfectamente como deseñar un Social Media Plan. A través dunha estratexia de produción de contidos e co noso equipo de deseñadores gráficos xestionamos as redes sociais achegando valor á túa marca.
Encántanos o storytelling, a técnica que complementa a estratexia en social media. Dispoñemos das mellores ferramentas para facer seguimento e analizar resultados, facer concursos e xestionar colaboracións con influencers.


COMMUNITY MANAGMENT
Construímos e administramos a túa comunidade en liña, xestionamos a identidade e a imaxe da túa marca, creando e mantendo relacións estables e duradeiras cos teus clientes en Facebook, Instagram, Twitter, Linkedin e outras redes sociais.

ENGAGEMENT
Creamos relacións sólidas e duradeiras cos usuarios. Encargámonos de xerar ese compromiso que se establece entre a túa marca e os teus clientes. Canto máis saibamos sobre o teu negocio e os teus consumidores, mellores tácticas poderemos implementar para que ese vínculo sexa a longo prazo.

CRECEMENTO
Conseguimos que o crecemento da túa comunidade sexa constante e de valor. Todo iso encarado á fidelización dos teus usuarios, á repetición de compra ou á visita frecuente.

SOCIAL ADS
Encargámonos de que a publicidade en redes sociais sexa de calidade. Queremos que a audiencia que che interesa reciba información e coñeza a túa marca. Para iso traballamos a estratexia de márketing máis adecuada segundo as características do teu negocio.
PÍDENOS ORZAMENTO SEN COMPROMISO
Se queres recibir un orzamento de redes sociais ou necesitas saber máis sobre os diferentes sevizos que realizamos rechea o seguinte formulario. Contestarémosche na maior brevidade.